Veciños do lugar do Rial denuncian actos vandálicos e ataques ás súas propiedades

Poio
07 de xuño 2022

Entre outras incidencias os veciños detallan pintadas con spray en varios vehículos e portais, un coche queimado e danos en contedores e garaxes. O suceso máis dramático foi o envelenamento de 18 cans

Coche calcinado
Coche calcinado / PontevedraViva

Veciños do Rial, en San Martiño, no concello de Poio, denunciaron actos vandálicos e ataques ás súas propiedades que se producen de maneira reiterada nos últimos anos.

Entre outras incidencias os veciños detallan pintadas con spray en varios vehículos e portais, un coche queimado e danos en contedores e garaxes.

O suceso máis dramático foi o envelenamento de cinco cans. Un deles unha femia mastín dos Pirineos con trece cachorros que mamaron dela unha vez morta e acabaron morrendo todos.

Estes prexudicados presentaron distintas denuncias ante a Policía Local de Poio e a Garda Civil e sinalan a unha cuadrilla como os responsables de todo este vandalismo e aseguran que "se sienten impunes ya que las autoridades no les hacen nada".

Os veciños aseguran estar "cansados" destes problemas polo que decidiron facer pública a súa situación.