O concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez, mantivo unha reunión con veciños e empresarios da rúa Fernando Olmedo para falar das obras de reforma urbana que se están a acometer na zona.
Segundo a versión que traslada o gabinete de comunicación do concello, neste encontro os residentes e donos de negocios pediron ao concelleiro que a reordenación deste espazo da cidade quede liberada de prazas de estacionamento estables, é dicir, que todas as que queden sexan de servizos.
Entenden que as prazas de servizos dan resposta ás necesidades derivadas da actividade económica e aos posibles problemas puntuais de mobilidade ou necesidades de transporte que poida ter a veciñanza o calquera outra persoa que se achegue a zona, sinalan estas mesmas fontes.
Esta reforma está en marcha e inclúe a eliminación dunha bolsa de estacionamento no cruzamento A Seca-Fernando Olmedo-Casimiro Gómez.