O Concello de Sanxenxo informou este domingo dun accidente ocorrido nas inmediacións da praia de Areas, onde un vehículo invadiu a beirarrúa e arroiou a tres persoas.
Unha das vítimas faleceu, segundo confirmaron fontes municipais.
Trátase dunha muller de 37 anos, veciña de Pontevedra.
Tras preto de vinte minutos de manobras de reanimación cardiopulmonar, esta muller que sufriu o impacto de maior gravidade faleceu no lugar do accidente, sen que os equipos sanitarios puidesen salvarlle a vida.
A escena estivo marcada por momentos de gran tensión e conmoción entre os presentes.
Nos seus brazos levaba á súa filla, unha nena que presenta feridas na cabeza pero en principio non graves.
Outra muller sufriu unha crise de ansiedade, pero non recibiu asistencia médica, polo menos no lugar.
O suceso tivo lugar ao redor das 20.15 horas, á altura do restaurante A Postiña.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de emerxencias e sanitarios para atender os feridos, mentres que a Policía Local e outros servizos de seguridade procederon ao corte do tráfico na zona para facilitar os labores de asistencia e investigación.
Polo momento non transcenderon as causas do accidente nin a identidade das persoas afectadas, tan só precisaron que son dous os vehículos implicados.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.