Verteduras industriais impiden o óptimo funcionamento da depuradora de Cambados

O Salnés
20 de maio 2014

A empresa responsable do funcionamento da depuradora, SMA, detectou altas cantidades de hidrocarburos e graxas no pozo de entrada da planta de tratamento, deseñada para depurar augas residuais doméstica, e asegura que a situación "está a impedir" o óptimo funcionamento das instalacións de O Facho

Depuradora de O Facho, en Castrelo (Cambados) Soluciones Medioambientales y Aguas (SMA)

A empresa responsable do funcionamento da depuradora de Cambados detectou altas cantidades de hidrocarburos e graxas no pozo de entrada da planta de tratamento, deseñada para depurar augas residuais doméstica, e asegura que a situación "está a impedir" o óptimo funcionamento das instalacións situadas en O Facho, en Castrelo.

A empresa, Solucións Ambientais e Augas (SMA) alerta da presenza de verteduras industriais que xeran estes hidrocarburos e graxas e sinala que dende 2011 xa informou en reiteradas ocasións ao Concello e ao Plan de Control de Verteduras de Augas de Galicia destas verteduras, que están a deteriorar o funcionamento da depuradora.

SMA indica a través dun comunicado que enviou xa en 2011 a estas institucións unha exhaustiva análise, efectuada por un laboratorio acreditado independente, que demostraba que a auga que chega á depuradora superaba -e segue superando- os límites estipulados para augas residuais domésticas.

Como consecuencia dese informe, o Plan de Control de Vertedura (PVC) de Augas de Galicia activou un protocolo de seguimento e recompilación de información sobre a estación depuradora, someténdoa a inspeccións regulares que confirmaron a presenza de verteduras de orixe industrial na rede de saneamento información da que foi informada o Concello.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora