Veteranos lexionarios de Galicia volven unirse en Vilanova

O Salnés
02 de xullo 2026

O programa inclúe unha misa na praza dos Olmos o sábado 11 e un bloque cultural con presentacións literarias e proxeccións no Auditorio Valle-Inclán

Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova de Arousa, nun acto de presentación do encontro de lexionarios
Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova de Arousa, nun acto de presentación do encontro de lexionarios / Concello de Vilanova de Arousa - Arquivo

Vilanova de Arousa será a sede do "XI Reencontro de Veteranos Legionarios" de Galicia, un evento que se desenvolverá entre os días 10 e 12 de xullo de 2026.

A programación conta con actos institucionais en espazos públicos con actividades de carácter cultural de acceso libre.

O acto central da fin de semana terá lugar o sábado 11 de xullo, ás 12:00 horas, coa celebración dunha misa de campaña na praza dos Olmos, tamén coñecida como da Alta Cofradía.

Ao remate da cerimonia relixiosa, a organización ofrecerá un viño español para as persoas asistentes na zona do Terrón.

A axenda do sábado completase cun bloque de divulgación no Auditorio Valle-Inclán a partir das 19:00 horas.

O escritor Emilio Domínguez presentará o seu libro Padre Huidobro, héroe de almas legionarias e, de seguido, impartirá o coloquio titulado Vida y muerte en la Legión.

A xornada cultural concluirá nese mesmo espazo coa proxección da película Heridos con zarpa de fiera, unha produción baseada en feitos reais que foi realizada pola Asociación Nacional de Veteranos da Banda de Guerra.

O alcalde Gonzalo Durán presentaba os actos previstos a través dun vídeo institucional.