VI Xuntanza Cabalar, unha cea e a Disco Móbil Lagarto esta fin de semana en Campo Lameiro

Umia
11 de abril 2023

Este sábado 15 de abril os Cabaleiros de Campo Lameiro en colaboración co Concello de Campo Lameiro realizarán a VI Xuntanza Cabalar. Esta iniciarase ás 16.30 horas e sairase de Santo Antonio de Penalba e finalizará ás 21.00 horas neste mesmo lugar

Xuntanza Cabalar
Xuntanza Cabalar / Concello de Campo Lameiro

Este sábado 15 de abril os Cabaleiros de Campo Lameiro en colaboración co Concello de Campo Lameiro realizarán a VI Xuntanza Cabalar. Esta iniciarase ás 16.30 horas e sairase de Santo Antonio de Penalba e finalizará ás 21.00 horas neste mesmo lugar. 

O percorrido que se realizará efectuarase de forma circular e poderanse observar os principais atractivos naturais e turísticos do municipio. Esta actividade guiarana os Cabaleiros de Campo Lameiro. 

Unha vez finalice a ruta, comezará a cea servida polo catering Fuchela, que irá acompañada da música de Disco Móbil Lagarto.

O custo da actividade e da cea é para os adultos de 28 euros e para os menores de idade o importe é de 14 euros. No caso que só se queira ir ao petisco do final da actividade, a contía é de 5 euros. 

As persoas que estean interesadas en acudir a esta Reunión Cabalar terán que comunicarse cos seguintes números de teléfono 647 17 39 24 (Yoli) ou 722 57 68 82 (Nerea).

Desde a organización comentan que as persoas rexistradas, aínda que contan cun seguro para a actividade, os propietarios dos cabalos que participen na actividade deberán facerse cargo dos danos que poida causar a súa montura, no caso de producirse.