A asociación de nais e pais do CEIP de Marcón lanza un vídeo por redes sociais coa música de 'MI gran noche' de Raphael en versión galega para agradecer ao alumnado, ao bedel e ao profesorado todo o que fixeron ao longo do curso.
Agradecen tamén que os profesores estean a axudar a facer máis levadíos estes días de confinamento abrindo as portas das súas casas a través das pantallas de computadores e móbiles, implicando mesmo ás súas familias.
Tamén se agradece a nais e pais as facilidades para permitir aos escolares acudir ás excursións e aos campamentos. E por último, realizan un agradecemento a todo o alumnado por facer máis fácil o peche, pero tamén matizan "anque non sempre é así".
O simpático vídeo conta con letra de María, a nai de Xurxo de primeiro e coa interpretación de Felipe, o pai de Mariña, de segundo; e de Roi, de infantil. A canción remata con aplausos.