VÍDEO.- A Boa Vila comeza as festas cantando

Pontevedra
12 de agosto 2023

A cita cantareira que dá inicio non oficial ás festas da Peregrina volveu celebrarse na véspera do inicio da Semana Grande das festas de verán

Aquí Cántase 2023 / Mónica Patxot

A cita cantareira que dá inicio non oficial ás festas da Peregrina volveu celebrarse na véspera do inicio da Semana Grande das festas de verán.

A agrupación Maravallada e o Concello de Pontevedra organizaron este percorrido musical polas rúas e prazas da cidade nunha xornada que xa se é toda unha tradición.

Non fixo falta saber cantar, nin sequera saber as letras porque as repartiron. Ata mil folletos entregáronse aos participantes.

Esta é unha actividade de promoción do canto tradicional en galego e de espíritu festivo e de unión entre os veciños da cidade.

O percorrido empezou na Praza de Curros Enríquez para logo percorrer a do Teucro, chegar ás escaleiras do Teatro Principal e por último terminar a un tempo a medianoite na praza de Santa María. 

Ao longo deste itinerario numerosas persoas foron sumándose ao grupo ata converter a cita en multitudinaria.