VÍDEO.- Aplausos en Marín para agradecer o traballo do Exército de Terra

Marín
29 de marzo 2020

Con aplausos agradeceu a Policía Local de Marín o traballo desenvolvido todos pola Brigada Galicia VII Brilat para frear a expansión do coronavirus que puxo en marcha desde a activación do estado de alarma

En Marín agradecen o traballo da Brilat / Policía Local de Marín

Con aplausos agradeceu a Policía Local de Marín o traballo desenvolvido todos pola Brigada Galicia VII Brilat para frear a expansión do coronavirus que puxo en marcha desde a activación do estado de alarma. Por unha banda, realizaron tarefas de desinfección de puntos críticos de contaxio e, por outro, fixeron patrullas de recoñecemento.

Ademais de Marín, os pelotóns da Brilat estiveron este domingo en Monforte de Lemos, A Estrada, Sanxenxo, Mieres, Castrillón e Valladolid. E despregaron controis de recoñecemento noutras localidades como Olloniego, Riañu, Noreña, Llanera Lugones, Bueu e Chantada.

Os equipos de anticontaminación tamén fixeron este domingo traballos de desinfección na residencia de maiores en Vilaboa e na de Bembrive en Vigo.

As unidades actúan co obxectivo de recoñecer as zonas máis conflitivas, infraestruturas críticas e establecer un enlace sólido e eficaz con autoridades para facilitar os labores de presenza e vixilancia de incumprimentos das medidas establecidas polo estado de alarma.

Esta actividade da Brilat realízase no marco da Operación Balmis que coordina o Mando de Operacións relativa ao despregamento das Forzas Armadas en Territorio Nacional para loitar contra a pandemia producida polo virus COVID-19.