VIDEO.- Así homenaxea a xente do mar ao persoal sanitario

Marín
26 de marzo 2020

A xente do mar tamén se está resentindo polos efectos da pandemia. As armadoras sopesan acollerse a un ERTE para as tripulacións. É o caso de, polo menos, tres cerqueiros. Mentres que o resto seguen faenando aínda que se tiveron que adaptar á escasa demanda e baixos prezos existentes

Así homenaxea a xente do mar ao persoal sanitario / Concello de Marín

O labor crucial que están a levar a cabo os sanitarios tamén é agradecida publicamente no Porto de Marín. Cando chegan as oito da tarde soan as sirenas dalgunhas embarcacións que están atracadas na dársena.

É unha atronadora ovación para resaltar o traballo destes profesionais.

A xente do mar tamén se está resentindo polos efectos da pandemia. As armadoras sopesan acollerse a un ERTE para as tripulacións. É o caso de, polo menos, tres cerqueiros. Mentres que o resto seguen faenando aínda que se tiveron que adaptar á escasa demanda e baixos prezos existentes.

Segundo os datos ofrecidos pola Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto e Ría de Marín (Opromar) un total de once embarcacións atópanse no caladoiro nacional e na costa de Portugal, catro arrastreiros foron a Mauritania, e tamén se atopa faenando en diferentes destinos un barco do cerco e dezanove de palangre.