VÍDEO.- Carme da Silva toma posesión do seu escano no Senado "en memoria de Alexandre Bóveda"

Pontevedra
17 de agosto 2023

A representante do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Senado, escano ao que accede por designación autonómica, prometeu acatar a Constitución "por imperativo legal" comprometéndose a "traballar para defender o pobo galego e a soberanía de Galiza"

Carme da Silva toma posesión da acta de senadora
Carme da Silva toma posesión da acta de senadora / BNG

A concelleira e politíca pontevedresa Carme da Silva xa é, para todos os efectos, senadora tras a constitución este xoves das Cortes Xerais do Estado.

Da Silva, designada como representante no Senado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) por designación autonómica, prometeu acatar a Constitución "por imperativo legal".

Fíxoo no seu idioma, o galego, e acordándose dunha data especial, 17 de agosto, "no Día da Galiza Mártir e en memoria de Alexandre Bóveda".

Carme da Silva comprometeuse a traballar durante a lexislatura "para defender o pobo galego e a soberanía de Galiza".