O Concello da Illa de Arousa emitiu nas súas redes sociais un vídeo alertando do problema que provoca o lanzamento polo inodoro de toalliñas e papel hixiénico húmido causando problemas ambientais e na rede de rede de sumidoiros.
Segundo o goberno local, os traballos de mantemento preventivo e limpeza que provoca a presenza destes elementos supera os 80.000 euros anuais. Os operativos de limpeza triplícanse debido á presenza destes produtos que non se desfán, segundo indica o persoal.
Ademais, causan problemas nos motores de bombeo das augas provocando avarías, reparación e substitución das bombas. "Enganchan os motores", sinalan os traballadores do servizo.
"Fan como unha corda dun mexillón, non rompe nunca", afirman os operarios no vídeo que realizou o Concello da Illa de Arousa. "A xente di que non bota as toalliñas pero isto está sempre cheo delas", afirman.
Desde o Concello, que xa realizou campañas informativas sobre este tema, piden colaboración da veciñanza para que non lance estes residuos ao retrete e que os eliminen tirándoos ao lixo. Lembran que estes produtos non son biodegradables, aínda que en ocasións véndanse indicando que si o son.