VÍDEO.- Emotiva despedida ao director do IES Luís Seoane pola súa xubilación

Pontevedra
19 de decembro 2025
Actualizado: 17:08

Un corredor de aplausos con alumnos e compañeiros despediu no seu último día Carlos García Fernández, que se xubilou tras 35 anos de dedicación ao centro, 12 deles como director

Carlos García Fernández, director del IES Luís Seoane
Carlos García Fernández, director del IES Luís Seoane / IES Luís Seoane

Cunha bonita homenaxe.

Así se despediu Carlos García Fernández da que foi a súa segunda casa, o IES Luís Seoane de Monte Porreiro.

O director do centro educativo xubilouse tras 35 anos de dedicación ao instituto, 12 deles desde a dirección.

Por ese motivo o alumnado, xunto a compañeiros profesores e persoal non docente do centro, sorprendéronlle no seu último día cun 'corredor' de aplausos.

"Grazas por tanto, Carlos. Botarémoste de menos. Sabes que no IES Luís Seoane serás sempre ben recibido porque esta é a túa casa", sinala o instituto a través das súas redes sociais agradecendo tantos anos de dedicación.

Deixa pegada, aseguran, polo seu talante dialogante e o seu compromiso coa educación e os valores.

A partir de agora, a dirección do IES Luís Seoane será asumida por Ariela Peliquín Testa.

Ademais o equipo directivo se completa con Helena Manteiga Barragáns na Vicedirección, Desiré Rodríguez Rodríguez como xefa de estudos, Joaquín Pece Montenegro como xefe de estudos de adultos e María Gómez Paz na Secretaría.