Dous fotógrafos de Pontevedra, Emi Ramírez e Álex Mosteiro, decidiron crear unha campaña para animar aos pontevedreses a comprar no comercio local durante este Nadal.
A través dun vídeo que gravaron en oito establecementos comerciais de Pontevedra, ambos os profesionais apelan á sensibilidade dos cidadáns e que estes puidesen ver "o que hai detrás dos escaparates", segundo eles mesmos explican.
A idea desta campaña é deixar claro a diferenza que existe entre o comercio local e as grandes superficies ou as plataformas de compras por internet.
Así, durante o vídeo, no que se mostra aos responsables destas tendas detrás dos seus mostradores, destácanse entre outras calidades a amabilidade, a implicación ou a proximidade que atopamos nos comercios de Pontevedra.
O vídeo ao completo pódese ver a través de Youtube.