A crecida dos ríos é unha das principais consecuencias do paso das últimas borrascas.
Así se pode comprobar este sábado no mesmo centro de Pontevedra co río Gafos.
Aínda que lonxe do nivel alcanzado noutros ríos como o Verdugo en Ponte Caldelas, a auga do Gafos chegou a desbordar na zona de Ponte Boleira.
Debido a iso procedeuse a pechar o paseo durante a mañá para garantir a seguridade.