VIDEO.- O Sergas empezou a administrar este domingo a segunda dose da vacina

Pontevedra
17 de xaneiro 2021

O 27 de decembro, Nieves Cabo Vidal, usuaria da residencia Porta do Camiño de Santiago, converteuse na primeira vacinada de Galicia fronte á covid-19. Este domingo, 21 días despois, foi a primeira en recibir a segunda dose, dando así comezo á segunda rolda de vacinación nas residencias

Nieves Cabo Vidal primeira galega en recibir a segunda dose / Xunta de Galicia

O 27 de decembro, Nieves Cabo Vidal, usuaria da residencia Porta do Camiño de Santiago, converteuse na primeira vacinada de Galicia fronte á covid-19. Este domingo, 21 días despois, foi a primeira en recibir a segunda dose, dando así comezo á segunda rolda de vacinación nas residencias.

O equipo de enfermería do Servizo Galego de Saúde vacinou ás oito e vinte da mañá a esta muller de 82 anos e con ela estreou Galicia a segunda fase de vacinación que agora se irá ampliando ao conxunto das residencias de maiores. 

A directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán sinalou que se estima finalizar esta fase a primeira semana de febreiro.

Tamén destacou que o plan posto en marcha pola Xunta de Galicia posibilitaría asumir a vacinación dun maior número de cidadáns se se dispuxese de máis vacinas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora