VIDEO.- Os nenos de Xeve queren ser superheroes... como os que combaten o coronavirus

Pontevedra
19 de marzo 2020

Así o manifestan nun traballado vídeo que, coa colaboración do seu profesorado, publicaron a través das redes sociais para agradecer o traballo desinteresado de numerosos colectivos durante esa crise sanitaria

Vídeo da comunidade escolar de Xeve para agradecer o traballo contra o coronavirus
Vídeo da comunidade escolar de Xeve para agradecer o traballo contra o coronavirus / PontevedraViva

Se hai algo que os nenos e nenas do CEIP Santo André de Xeve queren ser de maiores é, sen dúbida, superheroes. Pero non como os que ven nas películas de cine ou nas series de televisión. Non, eles queren ser superheroes cotidianos. Eses que, nestes momentos, combaten o coronavirus desde primeira liña.

Así o manifestan nun traballado vídeo que, coa colaboración do seu profesorado, publicaron a través das redes sociais para agradecer o traballo desinteresado de numerosos colectivos durante esa crise sanitaria.

Coa música de Coldplay, e o seu himno Viva la Vida, o alumnado do colexio de Xeve fotografouse disfrazados de todas esas profesións que, nesta situación de confinamento, nos fan diariamente a vida máis doada a todos.

Médicos, enfermeiras, traballadores da alimentación ou das farmacias, persoal de limpeza, policías e bombeiros, operarios das gasoliñeiras, transportistas e repartidores ou, como non, os propios nais e pais reciben un fermoso homenaxe que, desde Xeve, xa se está a facer viral.