VÍDEO.- Os veciños de Cuntis cruzan o Umia por un paso de madeira na procesión de San Roque

Umia
21 de agosto 2023

O máis característico do percorrido desta procesión é, que no seu paso polo río Umia, os veciños están obrigados a construír unha pequena pasarela de paus para salvar o paso e vanse sumando aos poucos para terminar nun pequeno picoteo

Os veciños de Cuntis cruzan o Umia por un paso de madeira na procesión de San Roque / Concello de Cuntis

A tradicional procesión de San Roque de Cuntis celebrouse este luns coa participación de numerosos veciños de toda a zona.

Como é habitual, os veciños de Sebil organizaron o tradicional paseo de San Roque. Con saída na aldea de Cequeril, o Santo percorreu unha serie de aldeas para acabar na propia aldea de Sebil.

O máis característico do percorrido desta procesión é, que no seu paso polo río Umia, os veciños están obrigados a construír unha pequena pasarela de paus para salvar o paso.

Ao longo do percorrido vanse sumando aos poucos máis veciños para terminar cuns poucos petiscos custeados por todos eles.