VÍDEO.- Persecución 'salvaxe' polo centro histórico

Pontevedra
30 de maio 2024

Un xabaril paseouse tranquilamente este mércores pola noite polas rúas do centro histórico da Boa Vila. Atopábase preto da ponte do Burgo e desde alí subiu pola rúa César Boente ata a praza de Curros Enríquez e polos Soportais chegou ata a Ferrería. Para evitar problemas, un coche policial acompañou o animal, dun tamaño considerable

Un xabaril pasea polo centro histórico de Pontevedra /

Non é a primeira vez que PontevedraViva publica este tipo de noticias e todo parece indicar que tampouco será a última. Un xabaril paseouse tranquilamente este mércores pola noite polas rúas do centro histórico da Boa Vila. 

Nin sequera as persoas que se atopaban esa noite paseando pola zona vella parecían sorprendidas pola presenza do animal reaccionando mesmo con desdén.

Para deixar testemuño deste novo episodio, un membro da Asociación de Vella a Bella gravou o momento coa cámara do seu teléfono móbil. 

O xabaril atopábase preto da ponte do Burgo e desde alí subiu pola rúa César Boente ata a praza de Curros Enríquez e polos Soportais chegou ata a Ferrería. 

Para evitar problemas, un coche policial acompañou o animal, dun tamaño considerable, no seu tranquilo percorrido cara ao seu hábitat natural.