VÍDEO.- Un estudo pioneiro da Misión Biolóxica sobre a primeira variedade de rosa antiga cultivada en España inspira un conto infantil

Pontevedra
09 de abril 2020

O traballo dirixido pola científica Carmen Martínez é o primeiro paso para protexer e conservar un novo recurso  fitogenético español. Ademais o estudo inspirou a edición do conto infantil 'Historia dunha Rosa' por Ana Alonso

Carmen Martínez, científica da Misión Biolóxica explica o estudo sobre a 'Rosa narcea' / CSIC

O último traballo do equipo de investigadores da Misión Biolóxica de Galicia que lidera a científica Carmen Martínez supuxo un resultado pioneiro para protexer, conservar e recoñecer oficialmente un novo recurso fitoxenético español. Este grupo pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas conseguiu mellorar, describir e analizar xeneticamente, a primeira variedade de rosa antiga cultivada en España.

Esta variedade denominouse 'Rosa Narcea' en honra ao municipio do que procede. A súa orixe está nun híbrido antigo natural da 'Rosa gallica', practicamente desaparecida, que se usaba para fins medicinais, cosméticos e gastronómicos; e da 'Rosa centifolia' que se emprega en perfumería. A amplísima investigación desenvolvida incluíu estudos botánicos, agronómicos, xenéticos, histolóxicos e bioquímicos xunto a unha actuación de fitomejoramiento e foi publicada pola prestixiosa revista Horticulture Research.

Como explica a investigadora Carmen Martínez “as flores das rosas modernas son, en xeral, elegantes, esteticamente moi atractivas, con miles de variantes de cores e formas, pero pouco ou nada olorosas. Pola súa banda, as denominadas rosas antigas adoitan ser máis rústicas, desgarbadas e esteticamente menos elegantes. Con todo, estas últimas son as que se empregan no ámbito da medicina, a gastronomía e, sobre todo, a perfumería, xa que algunhas presentan unha intensa e exquisita fragrancia, imposible de reproducir en laboratorio mediante síntese química”.

A investigación pon de manifesto o "carácter único desta rosa" que pode resultar de interese para a perfumería, a mediciana ou a alimentación; polo que o equipo de científicos seguirá estudándoa. O que si se iniciou xa, por mor deste descubrimento, é unha colaboración coa Academia Española do Perfume.

Precísamente a Academia Española do Perfume faise eco na súa páxina web desta investigación e do conto que Ana Alonso publicou o pasado mes de marzo coa Editorial Anaya inspirado na investigación da Misión Biolóxica. 'Historia dunha Rosa' como se titula o conto, está acompañado dun dossier didáctico para o público infantil. O Espazo Nemonon de Pontevedra agarda a que a sociedade e a actividade cultural vaia retomando o pulso, para que no momento en que sexa factible poder facer unha presentación deste libro.