Vilaboa abriu máis de 300 expedientes en 2021 a propietarios de fincas sen limpar

Vilaboa
19 de xaneiro 2022

Dende o goberno local subliñaron que para o Concello de Vilaboa é prioritario manter a limpeza de fincas e montes, polo que en máis dunha ocasión se advertiu aos propietarios da súa obrigación de desbrozar e da intención da administración de facelo e derivar a factura dos costes en caso de que os donos dos terrenos con maleza non atenderan a súa obriga

Limpeza da biomasa para evitar a propagación de incendios
Limpeza da biomasa para evitar a propagación de incendios / Concello de Cuntis

O Concello de Vilaboa no ano 2021 contou cun técnico no medio ambiente que prestou os seus servizos de maio a decembro, período no que tramitou máis de 300 expedientes de limpeza de leiras.

Deste xeito son moitas as zonas do termo municipal que este ano viron como os propietarios particulares limparon as leiras de maleza por primeira vez en moitos anos.

O Concello ten en marcha ademais unha ordenanza de ornato que contemplará o marco legal no que a administración local ten que actuar no caso de denuncias por vexetación que non se axusten á lei de incendios.

Desde o goberno local subliñaron que para o  Concello de Vilaboa é prioritario manter a limpeza de leiras e montes, polo que en máis dunha ocasión advertiuse aos propietarios da súa obrigación de rozar e da intención da administración de facelo e derivar a factura dos custos no caso de que os donos dos  terreos con maleza non atendesen a súa obrigación.