Vilaboa financiará con fondos provinciais a pavimentación de vías municipais

Vilaboa
08 de maio 2025

A Deputación adianta que destinará 140.000 euros á financiación íntegra desta actuación, segundo anunciou a deputada provincial María Ramallo nunha visita a estes núcleos

María Ramallo, César Poza e Alberto Acuña
María Ramallo, César Poza e Alberto Acuña / Deputación de Pontevedra

O Concello de Vilaboa ten programadas obras de pavimentación de vías municipais en Ramalleira, Barciela e Figueirido, que serán financiadas íntegramente pola Deputación de Pontevedra.

A deputada provincial María Ramallo visitou este xoves o Concello de Vilaboa onde anunciou que a administración provincial destinará un orzamento de 140.000 euros do Plan +Provincia.

En concreto actuarase nas parroquias de Santo André de Figueirido (Figueirido), Santa Comba de Bértola (Ramalleira) e na de Santa Cristina de Cobres (Barciela).

Na actualidade estas estradas contan cun deterioro acusado do asfalto.

Ampliarase a sección da calzada, renovarase a capa de pavimento e executarase nova sinalización horizontal e vertical. Tamén dotarase ás vías de redutores de velocidade tipo lombo.

María Ramallo e César Poza
María Ramallo e César Poza   Deputación de Pontevedra

Este mesmo venres en Xunta de Goberno se aprobarán estes recursos que permitirán que Vilaboa poida realizar as actuacións necesarias para mellorar tres camiños mediante o reforzo do firme existente e da seguridade viaria de peóns e vehículos.

Ramallo recordou que este ano Vilaboa recibirá preto de 580.000 euros ao abeiro deste Plan +Provincia.

A deputada provincial afirmou que cos recursos provinciais, concellos como Vilaboa están a afrontar investimentos e actuacións "que modernizan os núcleos de poboación e melloran a calidade de vida das súas veciñas e veciños".