Vilaboa inicia un novo reparto de composteiros aos veciños

Vilaboa
14 de setembro 2017

O Concello de Vilaboa inicia este venres as 20:30 na Casa da Cultura de Riomaior, un novo reparto de composteiros aos veciños despois da boa resposta do programa de compostaxe no fogar realizado entre os meses de marzo e setembro en colaboración coa asociación ambientalista Amigos da Terra e Sogama

Reparto de composteiros individuais en Vilaboa
Reparto de composteiros individuais en Vilaboa / Concello de Vilaboa

O Concello de Vilaboa inicia este venres as 20:30 na Casa da Cultura de Riomaior, un novo reparto de composteiros aos veciños despois da boa resposta do programa de compostaxe no fogar realizado entre os meses de marzo e setembro en colaboración coa asociación ambientalista Amigos da Terra e Sogama.

Ademáis este reparto tamén da o pistoletazo de saída ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Con esta iniciativa se persigue o cambio do actual sistema de xestión dos residuos municipais  mediante a compostaxe dos residuos orgánicos.

Con este novo sistema que se ten previsto aplicar ao longo dos anos 2018 e 2019, o Concello de Vilaboa busca un importante aforro económico nunha partida que hoxe en día é claramente deficitaria.

No plan de compostaxe do Concello se está a actuar en catro grandes áreas, que son a compostaxe individual, a colectiva, a compostaxe municipal e a mellora das cifras de reciclaxe e separación dos residuos.

O Plan de Residuos de Vilaboa contempla o reparto de 1.250 composteiros individuais nas vivendas dos núcleos dispersos do municipio, a instalación de 10 composteiros comunitarios, a maiores dos tres que están en funcionamento, nos núcleos de máis densidade de poboación e grandes produtores.

Ademais, prevese a implantación da recollida selectiva, o axuste dos puntos ou illas de reciclaxe (cartón, envases, vidro), a implantación de puntos de recollida de ramas e material vexetal, a formación de persoal cualificado e a ampliación do punto verde municipal.