Vilagarcía autoriza os hostaleiros para ocupar máis espazo para ampliar o número de mesas das súas terrazas

O Salnés
12 de maio 2020

A medida, que debe ser ratificada no pleno, atópase xa en vigor e obriga a separar as mesas dous metros de vivendas, comercios ou zonas de tránsito

Terraza en Vilagarcía
Terraza en Vilagarcía /

O Concello de Vilagarcía aproba a modificación da ordenanza que permitirá aos hostaleiros ampliar o número e espazo de mesas das súas terrazas para cumprir coa normativa sanitaria e, ao mesmo tempo, permitir aumentar o número máximo de clientes que poderán atender durante a primeira fase da desescalda pola pandemia do coronavirus.

Polo urxente da situacion, a medida foi aprobada por resolución de alcaldía e atópase xa en vigor. Aínda así, terá que ser ratificada no próximo pleno. Esta instrución substitúe temporalmente ás partes das ordenanza municipal reguladora da ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras.

A modificación terá un plano inicial de catro meses, prorrogables en función da evolución da crise sanitaria.

Os requisitos que deben cumprir para ocupar unha maior superficie pasan por manter a distancia física de dous metros entre mesas, con respecto aos portais de acceso a vivendas, zonas de tránsito peonil, comercios ou escaparates. Nestes casos, será o comerciante o que debe autorizar a colocación de mesas nas inmediacións do seu negocio.

Ademais, aqueles locais que carezan de espazo na beirarrúa poderán ocupar as zonas de aparcamento previa autorización do Concello e a Policía Local, recolle a modificación.