Vilagarcía, Cambados e Bueu inician a campaña de "prevención solar"

Bueu
29 de xuño 2015

A xunta provincial da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Pontevedra inicia esta semana en Vilagarcía, Cambados e Bueu, a súa campaña de prevención solar verán 2015 baixo o lema "O Sol pode deixar unha pegada imborrable na túa pel"

Un home traballando ao sol
Un home traballando ao sol / Mónica Patxot

A xunta provincial da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Pontevedra inicia esta semana en Vilagarcía, Cambados e Bueu, a súa campaña de prevención solar verán 2015 baixo o lema "O Sol pode deixar unha pegada imborrable na túa pel".

A campaña ofrece unha información clara e sinxela de como detectar a tempo un posible melanoma.

Son recomendacións sinxelas como:

  • Beber auga abundantemente durante a exposición solar.
  • Protexerse do sol de forma adecuada ao facer deporte aínda que estea anubrado.
  • Utilizar unha crema axustada ao fototipo de pel, así como gorros, antucas, camisetas...
  • Evitar permanecer moito tempo exposto ao sol sobre todo na franxa horaria de 12:00 a 16:00

 

Para este ano, a Asociación contra o Cancro chegou a un acordo coa Academia española de dermatoloxía e venereoloxía (AEDV) para apoiar a súa campaña de prevención solar Euromelanoma, a través de distintas clínicas de Pontevedra.

Así mesmo, este ano 2015 contarán unha vez máis coa colaboración da casa farmacéutica ISDIN que novamente apoia esta campaña solar a través de diversas accións e sobre todo doando mostras de cremas de prevención solar destinadas á poboación en xeral e aos nenos que é aos que máis hai que protexer. Estas mostras serán entregadas polo persoal técnico da AECC na carpa xunto cos consellos sobre como tomar o sol de forma axeitada.