Vilagarcía manterá Santa Rita como festivo local en 2027 a pesar de ser sábado

O Salnés
28 de xullo 2026

O goberno municipal sostén que, aínda que moita xente non traballa os sábados, tamén é xornada laboral para moitos outros e, de forma xeneralizada, para todo o sector comercial

Xente paseando por Vilagarcía
Xente paseando por Vilagarcía / Alberto de Madrid Lafuente

O goberno municipal de Vilagarcía de Arousa aposta por manter en 2027 os dous festivos locais de maior tradición, os días de Santa Rita e de San Roque.

Así consta na proposta que remitirá ao pleno da corporación, que deberá referendala antes de ser remitida á Xunta de Galicia para incorporala ao calendario laboral do próximo ano.

Os dous festivos que fixa Vilagarcía, por tanto, serían concretamente o sábado 22 de maio e o luns 16 de agosto.

O Concello optará así por manter Santa Rita como festivo, a pesar de ser sábado.

Sosteñen que, aínda que moita xente non traballa os sábados, tamén é xornada laboral para moitos outros e, de forma xeneralizada, para todo o sector comercial.

O goberno municipal quere marcar este día en vermello no calendario para que toda a cidadanía poida ter ese día de descanso.

Con iso, esperan que todos aqueles que o desexen poidan gozar das celebracións do día grande das tradicionais Festas de Santa Rita.

No caso de San Roque, pola súa banda, a festividade cae en luns.

Esta coincidencia, subliñan desde o executivo que preside Alberto Varela, permitirá estender a fin de semana en pleno período das festas patronais.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora