O goberno municipal de Vilagarcía de Arousa aposta por manter en 2027 os dous festivos locais de maior tradición, os días de Santa Rita e de San Roque.
Así consta na proposta que remitirá ao pleno da corporación, que deberá referendala antes de ser remitida á Xunta de Galicia para incorporala ao calendario laboral do próximo ano.
Os dous festivos que fixa Vilagarcía, por tanto, serían concretamente o sábado 22 de maio e o luns 16 de agosto.
O Concello optará así por manter Santa Rita como festivo, a pesar de ser sábado.
Sosteñen que, aínda que moita xente non traballa os sábados, tamén é xornada laboral para moitos outros e, de forma xeneralizada, para todo o sector comercial.
O goberno municipal quere marcar este día en vermello no calendario para que toda a cidadanía poida ter ese día de descanso.
Con iso, esperan que todos aqueles que o desexen poidan gozar das celebracións do día grande das tradicionais Festas de Santa Rita.
No caso de San Roque, pola súa banda, a festividade cae en luns.
Esta coincidencia, subliñan desde o executivo que preside Alberto Varela, permitirá estender a fin de semana en pleno período das festas patronais.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.