O goberno municipal de Vilagarcía saldou a débeda "que tiñamos co pobo de Vilaxoán". Así o destacou o seu alcalde, Alberto Varela.
Foi coa estrea do escudo do antigo concello que, desde agora, preside a praza principal da parroquia, a Praza de Rafael Pazos.
Este selo-escudo identificou ao antigo concello, entre 1836 e 1913, en vigor até a creación da actual Vilagarcía de Arousa pola unión de Vilaxoán, Vilagarcía e Carril.
A reprodución, fiel ao que figura en miles de documentos públicos, fue realizada pola empresa Gomacons, do Porriño, especializados na creación de obras sobre pedra que decoran edificios e espazos públicos por toda España.
Custou uns 18.000 euros e mide 430x260 centímetros.
Foi creado a partir de 25 placas gravadas de granito de oito centímetros de espesor, o que garante o seu durabilidad e mantemento.
"É un recordo, sempre presente, de que Vilaxoán tivo concello propio, de que ten identidade propia dentro de Vilagarcía, e iso non o debemos esquecer nunca", subliñou Varela.
A súa inauguración coincidiu coa presentación da edición numero 44 do certame Vilaxoán Canta, outro dos elementos identitarios do lugar.
Nel, todo un pobo únese para entoar cancións populares que van pasando de xeración en xeración, explicou o seu director Álvaro Cardalda.
Os seus organizadores convidan á ciudadania a participar deste evento, que se celebrará o proximo luns 20 de xullo, ás 20:30 horas, na Praza de Rafael Pazos.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.