Vinte e oito empresas turísticas inician a segunda fase do Plan Reinicia Turismo

Pontevedra
25 de febreiro 2021

Cunha sesión de psicoloxía empresarial, impartida por Iago López Roel, comezou este xoves a segunda fase do Plan Reinicia Turismo, no que participan 28 empresas da cidade e que busca mellorar a competitividade do sector turístico municipal neste contexto de pandemia

Iago López Roel, doutor en psicoloxía e especialista en benestar e rendemento.
Iago López Roel, doutor en psicoloxía e especialista en benestar e rendemento. / Diego Torrado

Cunha sesión de psicoloxía empresarial, impartida por Iago López Roel, comezou este xoves a segunda fase do Plan Reinicia Turismo, no que participan 28 empresas da cidade e que busca mellorar a competitividade do sector turístico municipal neste contexto de pandemia.

Trece de estas compañías non participaran na primeira fase deste programa, segundo destacou a edil de Promoción económica, Yoya Blanco.

Na súa intervención, Iago López Roel abordou con estes emprendedores algunhas das ferramentas que poden empregar para mellorar a súa xestión e a súa confianza.

A seguinte sesión estará dedicada á xestión do estrés a organización do tempo.

Entre as empresas que toman parte neste proxecto hai axencias de viaxes, turoperadores, aloxamentos turísticos, restaurantes, bares, cafeterías, centros de visitantes e información e empresas dedicadas a actividades turísticas complementarias.

Este Plan Reinicia Turismo, que xestiona a consultora Albur Atlántico, busca fomentar a conciliación e facilitar que os participantes poidan acceder ás sesións igualmente no caso de non poder asistir en vivo no horario establecido a través dunha plataforma dixital.

Estas sesións responden ás necesidades expresadas polos participantes. Ademais da psicoloxía empresarial, o marketing dixital, a imaxe de marca, a fotografía empresarial ou o dereito para a empresa serán outras das temáticas que se aborden no marco desta iniciativa.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora