A contratación por nove meses de 20 persoas en situación de risco de exclusión social, posibilitou, xuntamente co traballo das brigadas municipais darlle un pulo importante de mellora á Alameda e aos xardíns das Palmeiras.
Durante as últimas dúas semanas acondicionouse o pavimento da Alameda de Sesmero e das Palmeiras para que luzan nas mellores condicións durante as festas da Peregrina. Na súa totalidade, acondicionáronse uns 15.000 metros cadrados na Alameda e arredor duns 7.000 nos xardíns das Palmeiras.
Nos traballos retiráronse as malas herbas mediante medios ecolóxicos manuais e con axuda de maquinaria, o que posibilita facer unha xestión destes espazos sen o emprego de herbicidas.
Ademais de nos pavimentos dos parques o persoal actuou nos xardíns históricos coa retirada de malas herbas na rotonda e entorno en San Roque, a sega dos céspedes, e o tallado dos sebes como o do límite con Raiña Victoria.