Visita de traballo do subdelegado do Goberno ás oficinas de Michelena e Praza de España

Pontevedra
08 de xaneiro 2024

Nomeado hai menos dun mes, o pasado 26 de decembro, Abel Losada supervisaba o labor que se desenvolve nas distintas dependencias da Subdelegación do Goberno en Pontevedra e aproveitou para coñecer ao persoal do corpo de funcionarios que nelas traballa

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada (no centro da fotografía), durante a visita ás dependencias da rúa Michelena
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada (no centro da fotografía), durante a visita ás dependencias da rúa Michelena / Subdelegación do Goberno

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, achegábase este luns ás distintas dependencias da Subdelegación do Goberno na cidade de Pontevedra.

A visita comezou no edificio principal da Praza de España onde se atopan, entre outras, as dependencias da área de Industria e Enerxía, a área de Persoal ou a Unidade contra a Violencia sobre a Muller. Continuou nas oficinas da rúa Michelena, que acollen as áreas de Agricultura e Pesca e Traballo e Inmigración.

"Os funcionarios debémonos ao cidadán e por iso é fundamental ofrecer uns servizos públicos modernos, inclusivos e eficaces cos que facer máis próxima esta parte da Administración do Estado á sociedade", destacou Abel Losada, quen ocupa o cargo dende o pasado 26 de decembro.

O percorrido serviu para tomar contacto e coñecer de maneira persoal os integrantes do corpo de funcionarios das diferentes unidades e dependencias da Subdelegación, así como para supervisar o funcionamento e os servizos prestados en cada unha delas.