Remataron os traballos de mellora da estrada entre O Campo (Valongo) e Ceraxe (Augasantas). A reforma executouse grazas un investimento de preto de 200.000 euros a través do Plan Marco da Xunta de Galicia.
Este martes visitaron o resultado da reforma o director xeral de Gandeiría e Agricultura, José Balseiros, xunto co xefe territorial da Consellería de Medio Rural, Antonio Crespo, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, o tenente de alcalde Fernando Vázquez e a concelleira Galiza Aguete.
Os traballos realizados consistiron na reposición do firme con aglomerado en quente duns 2 quilómetros de trazado entre O Campo e Ceraxe así como a adopción de medidas de mellora de tráfico en lugares específicos, normalmente próximos a vivendas.