Visos de solución para os problemas de verticalidade da capela de San Lourenzo de Serrapio

Cerdedo Cotobade
02 de maio 2024

O investimento previsto é de 40.000 euros para resolver os problemas estruturais da capela. O Concello de Cerdedo-Cotobade daba licenza a Patrominio para a rehabilitación deste inmoble coa intención de poñer en valor o conxunto histórico-artístico e etnográfico da parroquia de Pedre

Capela de San Lourenzo de Serrapio
Capela de San Lourenzo de Serrapio

A Dirección Xeral de Patrimonio conta xa con autorización do Concello de Cerdedo-Cotobade, tras conceder a licenza de obra, para que se realicen os traballos de rehabilitación da capela de San Lourenzo de Serrapio, na parroquia de Pedre.

O investimento previsto para esta obra é de 40.000 euros, que se destinará a resolver os problemas graves na estrutura do edificio, que fan perigar a súa verticalidade. 

Os muros de sillería e cachotería de granito da fachada son deficientes, segundo indican desde o goberno local, debido ao mal estado que presentan os rejuntados e a presenza de humidade e de vexetación. En xeral, toda a fachada da capela ofrece deficiencias notables.

Tamén se atopa en "deficiente estado de conservación" a capa de granito da fachada principal para remate da cuberta de tella cerámica plana do mesmo xeito que a situación en que se atopan as tellas cerámicas planas, moitas delas rotas ou deterioradas.

Tamén o enlatado de madeira do acabado interior do teito presenta táboas deformadas polo seu pequenos espesor e a súa antigüidade. 

Está previsto que se desmonte a porta de acceso de madeira maciza para que se instale unha nova de cedro dunha folla con apertura abatible. Tamén se renovará a instalación eléctrica, ademais da iluminación do conxunto patrimonial.

A capela é de estilo barroco, do século XVIII, conta cunha singular agrupación de cruceiros, un pombal pétreo, un pozo labrado na roca e un peche con murete de cachotería de granito.

Na década dos cincuenta realizáronse realizáronse intervencións cambiando a cuberta e a estrutura de madeira, que agora permanecen en moi mal estado.