A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou na súa sesión deste venres o proxecto básico das obras de adaptación da Escola de Cantería de Poio á normativa vixente, uns traballos que serán o punto de partida para acadar o obxectivo de que o centro poida impartir titulacións oficiais.
Os traballos previstos nese proxecto comprenden distintas actuacións centradas no , así como na instalación eléctrica. illamento acústico, na mellora das condicións de accesibilidade e seguridade do centro
A actuación foi adxudicada á empresa Civis Global S.L.U., que terá un prazo de execución de seis meses. Os traballos están presupostados en máis de 400.000 euros.
A presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, explicou que é "imprescindible" que todos os espazos e instalacións da escola cumpran coa normativa para logo facer diferentes actuacións e, sobre todo, para poder poñer en marcha as tramitacións necesarias para que teña titulacións oficiais a nivel galego e estatal.
Ademais, esas obras son un "paso vinculante" para que se poida solicitar licenza. Nese senso, Carmela Silva lembrou que o actual Goberno da Deputación herdou a Escola de Cantería sen a licenza de actividade, situación que impedía "tomar moitas decisións que son fundamentais".
En relación con esa falta de licenza, a presidenta provincial considera que foi unha "forte irresponsabilidade" e critica que "pouco interese tiña o anterior Goberno que en corenta anos nin sequera redactaron un proxecto para poder solicitala".