Vivendas de Bueu e Vilaboa, entre as mellores obras arquitectónicas dos últimos dous anos

Vilaboa
12 de marzo 2015

O Colexio de Arquitectos de Galicia entrega este venres os premios ás mellores obras arquitectónicas dos últimos dous anos. O evento celebrarase no auditorio da sede de Afundación en Vigo, nunha gala presentada polo actor galego Carlos Blanco

Refuxio en Vilaboa
Refuxio en Vilaboa / COAG

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebrará este venres, día 13, a entrega de galardóns da XVI edición dos Premios COAG de Arquitectura no auditorio da sede de Afundación en Vigo, ás 20:00 horas.

Son un recoñecemento ás mellores obras da arquitectura galega, visadas e executadas no ámbito territorial do Colexio de Arquitectos no último bienio (obras acabadas entre o 31 de xullo de 2012 e o 31 de xullo de 2014).

Entre as obras finalistas atópanse, na categoría de ⿿Vivenda unifamiliar⿿ unha construcción en Bueu, obra de María Luisa Pierres López. Na categoría ⿿Arquitecturas efémeras⿿, figura a ordenación do Festival do Norte 2014, no varadoiro do Xufre, na Illa de Arousa e na categoría ⿿Baixo Cuto⿿, hai a obra O Refuxio, en Vilaboa do Estudio CastroFerro Arquitectos.

O COAG recibiu 127 candidaturas nas súas diferentes categorías.

O Colexio de Arquitectos de Galicia tamén outorgou o premio especial a toda a traxectoria profesional ao arquitecto Xosé Manuel Gallego Jorreto (O Carballiño, 1936) que recollerá a súa distinción.

O arquitecto, autor do edificio da Xunta en Pontevedra, xa recibiu en 1997 o Premio Nacional de Arquitectura polo Museo de Belas Artes da Coruña e en 2010 a medalla de ouro do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España.