As altas temperaturas rexistradas durante a xornada do sábado 5 de agosto provocaron que ata entrada a noite non se enchese a praza do Teucro de Pontevedra, epicentro da festa de "peñas".
A últimas horas da tarde comezaban a achegarse diferentes colectivos de xente nova coas típicas camisetas de cores pertencentes a cada un destes grupos de xente que se unen no centro histórico para tomar copas e gozar do ambiente.
A festa das "peñas" iniciouse décadas atrás con motivo do inicio da festa taurina das Festas da Peregrina. Na actualidade, a festa converteuse nun encontro social que xa non garda unha especial relación coa celebración taurina, que este ano só programa dúas corridas, a primeira será na tarde deste domingo.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.