Volve a Mostra da Camelia con 30 expositores e máis de 300 variedades

O Salnés
13 de marzo 2023

O 25 e o 26 de marzo no Salón pñea realizarase a sexta edición da Mostra dá Camelia, que conta con 30 expositores de Galicia e máis de 300 variedades

Mostra da Camelia en Cambados
Mostra da Camelia en Cambados

En Cambados realizarase a VI Mostra da Camelia os días 25 e 26 de marzo no Salón Peña, Cambados. Esta evento contará con trinta expositores e con máis de 300 variedades. 

Os organizadores deste acontecemento son o Concello de Cambados, a Asociación Ibérica da Camelia e a Asociación Zona Centro de Cambados. 

Ademais, o municipio participará na exposición das Camelias de Celorico de Basto en Portugal, que se realizará este sábado 18 de marzo.

O Concello ofrece un autobús para ir a Portugal, que sairá da estación de Cambados ás 8:00 horas da mañá e regresará ás 22:00 horas.

No caso de querer ir haberá que contactar a través do número de teléfono 667 41 51 64.

O desprazamento é gratuíto.