Volve a Pontevedra a concentración de vehículos clásicos e antigos

Pontevedra
30 de agosto 2022

A Praza de España acollerá o próximo domingo 11 de setembro a cuarta edición da concentración de vehículos clásicos e antigos Cidade de Pontevedra, unha exhibición organizada polo club de Amigos dos Vehículos Antigos. O evento comezará ás dez da mañá coa chegada dos automóbiles

Concentración de vehículos clásicos e deportivos na praza de España Diego Torrado

A Praza de España acollerá o próximo domingo 11 de setembro a cuarta edición da concentración de vehículos clásicos e antigos Cidade de Pontevedra, unha exhibición organizada polo club de Amigos dos Vehículos Antigos.

O evento comezará ás dez da mañá coa chegada dos automóbiles, todos eles elegantes modelos de coche que marcaron épocas pasadas.

Dentro da programación da concentración, está prevista unha visita guiada polo Museo de Pontevedra ou unha comida de confraternización no restaurante Casa Digna.

O público poderá ver os coches na Praza de España ata as sete e media da tarde.

No evento poderán participar vehículos cunha antigüidade superior aos trinta anos, previa inscrición no correo ava.pontevedra@gmail.com.