Volver ao cole é sempre unha festa na Zona Monumental

Pontevedra
08 de setembro 2025
Actualizado: 09 de setembro

O Centro Comercial Urbano Zona Monumental organizou este luns, un ano máis, unha festa de volta ao cole coincidindo co primeiro día de curso

Gran festa de inicio de cole do CCU Zona Monumental
Gran festa de inicio de cole do CCU Zona Monumental / PontevedraViva

Cada ano volver ao colexio é toda unha celebración en Pontevedra.

Diso encárgase o Centro Comercial Urbano Zona Monumental, coa súa gran Festa de Volta ao Cole, e este ano non podía ser menos.

Desde as 16.30 horas as prazas do centro histórico encheron de actividades para festexar da mellor maneira o regreso ás aulas.

Un rocódromo de 8 metros, instalado en Curros Enríquez, foi unha das grandes atraccións da xornada, pero non o único.

Gran festa de inicio de cole do CCU Zona Monumental
Gran festa de inicio de cole do CCU Zona Monumental PontevedraViva

Pintacaras, obradoiros de manualidades ou inchables completaban unha divertida programación.

Todo iso cun gran colofón final, a sempre divertida festa da espuma na Praza da Pedreira, e que contou coa participación dun DJ.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora