Vox acusou este xoves ao Concello de Pontevedra de "extralimitarse en sus funciones" pola programación de actividades relacionadas coa Memoria Histórica nos institutos da cidade e aludiu ao "pin parental" que defende a formación para para que os pais poidan vetar a asistencia a estes contidos na aulas e "evitar el adoctrinamiento de los alumnos".
Nun comunicado, o partido de ultradereita reacciona deste xeito diante da posta en marcha por parte do Concello de Pontevedra dunha serie de actividades para levar a cabo ao longo do primeiro semestre coas que se pretende "espertar o interese" dos mozos sobre a resistencia ao golpe de estado e coa represión desatada na cidade a partir de xullo de 1936.
Trátase de talleres de rap, proxeccións audiovisuais, obras de teatro e conferencias.
Diante disto Vox denuncia que as actividades anteriores "no son de la competencia municipal y por tanto su financiación implica una malversación de fondos públicos, limitando la capacidad del Ayuntamiento para ejecutar las funciones que verdaderamente le son propias".
O comunicado de Voz engade que "la docencia de la historia del 36 en los Institutos no corresponde al Ayuntamiento de Pontevedra y Vox lamenta que dichas actividades se realicen con el consentimiento de la Consejería de Educación de la Junta de Galicia".
Fronte a isto sinalan que "con la propuesta de Vox de el Pin Parental, evitaríamos el adoctrinamiento de los alumnos de Pontevedra, sobre la Memoria Histórica".