Welcome to Pontevedra, Intermodes!

Pontevedra
17 de setembro 2014

O Palacete das Mendoza foi o lugar elixido polo Concello de Pontevedra e Turismo Rías Baixas para dar a benvida á cidade aos membros da axencia europea Intermodes, un organismo especializado en materia de mobilidade que premiou o modelo urbano da capital da provincia hai ano e medioa>. Acompañados de xornalistas de diferentes publicacións especializadas, chegaron a Pontevedra para coñecer de primeira man o seu modelo de cidade

Recepción aos membros de Intermodes no Palacete das Mendoza
Recepción aos membros de Intermodes no Palacete das Mendoza / Diego Torrado

O Palacete das Mendoza foi o lugar elixido polo Concello de Pontevedra e Turismo Rías Baixas para dar a benvida á cidade aos membros da axencia europea Intermodes, un organismo especializado en materia de mobilidade que premiou o modelo urbano da capital da provincia hai ano e medio. Acompañados de xornalistas de diferentes publicacións especializadas, chegaron a Pontevedra para coñecer de primeira man o seu modelo de cidade.

Foron recibidos, entre outras autoridades, polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a deputada provincial Ana Isabel Vázquez.

Para este xoves está prevista a parte máis técnica da visita. A delegación de Intermodes somerxerase nos proxectos de mobilidade aplicados en Pontevedra da man do enxeñeiro municipal, Jesús Gómez Viñas, que disertará sobre a mobilidade na cidade nos anos 90; ou César Mosquera, concelleiro de Ordenación do Territorio; que falará sobre como se reduciu o tráfico na cidade.

Tras estas dúas primeiras sesións, realizarase a primeira visita pola cidade. Estará centrada na aplicación do proxecto de Metrominuto, galardoado como a primeira rede peonil de Europa, e na iniciativa dos Camiños Escolares. 

Xa pola tarde, será a quenda das conferencias do intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle, que explicará o concepto destes camiños escolares; e do xefe do departamento de Comunicación do Concello, Antón Prieto; que debullará o xénese das iniciativas de Metrominuto e Pasominuto, recoñecidas pola axencia Intermodes.

Para rematar esta primeira xornada de traballo en Pontevedra, a comitiva fará outro percorrido pola cidade, centrado desta volta nas estacións de bus e de tren, o centro histórico e os paseos nas beiras dos ríos Lérez e Gafos.

A partir do venres, tras a última conferencia que pronunciará o alcalde de Pontevedra, os membros de Intermodes percorrerán, da man de Turismo Rías Baixas, varios dos enclaves turísticos más recoñecidos da provincia de Pontevedra.