Xa abonda de atropelos a ciclistas!

Bueu
18 de xaneiro 2013

Este domingo, Bueu será escenario da saída e chegada da "Marcha ciclista pola seguridade nas estradas en homenaxe a Cristóbal Hermida". A iniciativa, xurdida nada máis coñecerse a tráxica noticia, foi tomado corpo nestes 15 días, e as previsións iniciais de 1.000 participantes únicamente pódense ver mermadas polas inclemencias meteorolóxicas

Este domingo, Bueu será escenario da saída e chegada da "Marcha ciclista pola seguridade nas estradas en homenaxe a Cristóbal Hermida ", presidente do Club Ciclista Bueu falecido trágicamente nun desafortunado atropelo o pasado 3 de xaneiro, día que collía a bicicleta logo de 3 meses sen facelo.

Os seus compañeiros do Club Ciclista Bueu e o Concello de Bueu, quixeron honrar a súa memoria, así como clamar ante os organismos e sobre todo, ante toda a sociedade, en especial os condutores de vehículos, un forte ¡Xa abonda de atropellos a ciclistas!.

A iniciativa, xurdida nada máis coñecerse a tráxica noticia, foi tomado corpo nestes 15 días, e as previsións iniciais de 1.000 participantes únicamente pódense ver mermadas polas inclemencias meteorolóxicas.

As redes sociais, o único xeito de cuantificar as previsións de asistencia, rozan os 800 participantes ao mediodía do venres. Tendo en conta que moita xente non as utiliza, non é descabellado pensar neses mil ciclistas percorrendo as estradas da comarca en defensa dos seus dereitos a circular cun mínimo de seguridade e en memoria ao tan querido Cristóbal.

A organización está sorprendida coa repercusión do suceso e da marcha en apoio á seguridade dos ciclistas.