Xa está aberta a carpa da praza de España para celebrar San Patricio cos Mareantes

Pontevedra
16 de marzo 2022

A carpa da praza de España abriu este mércores ao público brindando con cervexa, como non podía ser doutro xeito nesta celebración de San Patricio

Yoya Blanco, Marcos Rey, Eva Villaverde, Roberto Juncal, Fernández Lores e Roberto Juncal
Yoya Blanco, Marcos Rey, Eva Villaverde, Roberto Juncal, Fernández Lores e Roberto Juncal

A carpa da praza de España abriuse este mércores ao público brindando con cervexa, como non podía ser doutro xeito nesta celebración de San Patricio.

Neste brinde inaugural participaron o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, os concelleiros Yoya Blanco, Marcos Rey, Eva Villaverde e Xaquín Moreda, e Roberto Juncal presidente do Mareantes Rugby Club, que organiza esta festa.

A carpa permanecerá aberta durante os vindeiros días en horario dende a unha da tarde ata a medianoite (o evento botará o peche o domingo 20 de marzo ás 17:00 horas), ofrecendo un amplo abano de propostas gastronómicas e culturais.

Os concertos celebraranse tódolos días en dous pases distintos, ás 19 e ás 22 horas, agás o domingo, no que haberá unha sesión vermú.
Actuará o xoves 17: "Gran Garaje"; o venres 18: "Algo pasa con Mary" e "Jugones"; o sábado 19: "Desconcerto" e "Son das Tabernas" e o domingo 20: sesión vermú

Aqueles que se acheguen ao Festival de San Patricio durante os vindeiros días poderán degustar todas estas variedades de cervexa: Guinness (5 euros), Murphys (5 euros), Hop House (4 euros), Nasa (4 euros) e a 5 euros a cervexa especial St. Patricks que é de cor verde e que foi elaborada para a ocasión e que estará dispoñible o xoves 17. A cervexa sen glute (2’50 euros) a sen alcol 0’0 (2’50 euros), a Radler (2’50 euros). Os refrescos teñen un prezo de 2’50 euros e a botella de agua 1’50 euros.

Con respecto á comida, o combo de carnes sae por 8 euros, o Irish Sausage a 5 euros, a hamburguesa especial custa 5 euros, o bocata de xamón asado son 5 euros e o pepito 3’50 euros.