Xa está aberta ao tránsito peonil e rodado a Rúa Travesía República Arxentina

Marín
08 de xullo 2022

Marín conta cunha nova rúa. Trátase da Travesía República Arxentina, que abriu ao tráfico este venres e xa se pode transitar por ela. Sen embargo, indican desde o Concello que aínda faltan algúns retoques da obra e a recepción dalgúns elementos para poder dala por finalizada de xeito oficial

Travesía República Arxentina en Marín

Marín conta cunha nova rúa. Trátase da Travesía República Arxentina, que abriu ao tráfico este venres e xa se pode transitar por ela.

Sen embargo, indican desde o Concello que aínda faltan algúns retoques da obra e a recepción dalgúns elementos para poder dala por finalizada de xeito oficial, pero decidiron abrila ante a necesidade de abrirla ao tráfico tanto rodado coma peonil nestes días de festas, nos que hai unha importante afluencia de xente na vila.

O novo tramo de rúa é de 44 metros de lonxitude e deixa dúas parcelas anexas nas que é posible levar a cabo unha promoción inmobiliaria "interesante coa renovación urbana de Travesía República Arxentina", indicaron.

Para facer este tramo investiron 241.612,40 euros (máis IVE) con cargo ao Plan Concellos.