Xa está aquí o Santiaguiño: todo o barrio do Burgo está en festas

Pontevedra
22 de xullo 2023

Chegou o día. O Burgo está en festas. O barrio entra de cheo nas Festas do Santiaguiño, que encherán de actividades lúdicas, culturais e relixiosas as súas rúas e prazas. Aínda que os días grandes serán a partir do luns, xa esta fin de semana haberá un aperitivo

Procesión de Santiaguiño do Burgo para recoller uvas e millo
Procesión de Santiaguiño do Burgo para recoller uvas e millo /

Chegou o día. O Burgo está en festas. O barrio entra de cheo nas Festas do Santiaguiño, que encherán de actividades lúdicas, culturais e relixiosas as súas rúas e prazas.

Aínda que os días grandes serán a partir do luns, xa esta fin de semana haberá un aperitivo. 

Un pasacalles polo barrio a cargo do grupo Pola Vila comezará a ambientar todo O Burgo desde este sábado, ás 11:30 horas. Esta primera xornada de festas incluirá tamén unha verbena no Recinto Feiral, a partir das dez e media da noite, coa orquestra Venezia.

O formato repetirase o domingo 23 de xullo, pero o pasacallles será co grupo Fervellos do Pío e a verbena nocturna correrá a cargo da orquestra América SL.

O luns 24, o pasacalles matinal polo barrio será co grupo Duos Pontes e a verbena no Recinto Feiral estará protagonizada pola orquestra Sinfonía.

E ás 20:15 horas será a tradicional procesión polo barrio do Burgo para recoller as uvas e o millo, coa participación do grupo de gaitas Os de Algures.

O día grande, o martes 25, o pasacalles con Os de Algures comezará unha hora máis tarde, ás 12:30 horas, e a partir da unha será a procesión do Santiaguiño polo barrio.

A verbena, ás 22:30 horas, será coa orquestra Magos e a noite rematará, a partir das doce, co espectáculo pirotécnico e os fogos de artificio entre a ponte do Burgo e a ponte de Santiago.

As Festas de Santiaguiño rematarán formalmente o mércores 26, que será cando se celebre o Día do Neno nas dezasete atraccións instaladas no Recinto Feiral.