Xa loce o arco da vella no Concello: comeza o 'Boavila Pride'

Pontevedra
19 de xuño 2014
Actualizado: 19:52

As cores do arco da vella xa locen no balcón da vella casa consistorial para marcar o inicio da ⿿Boavila Pride⿝, as xornadas conmemorativas do orgullo LGTBI  (as persoas lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersex), coordinadas pola asociación PonteVisible, nas que colabora o Concello de Pontevedra

Bandeira arcoiris no balcón da Casa Consistorial
Bandeira arcoiris no balcón da Casa Consistorial / Concello de Pontevedra

As cores do arco da vella xa locen no balcón da vella casa consistorial para marcar o inicio da ⿿Boavila Pride⿝, as xornadas conmemorativas do orgullo LGTBI  (as persoas lesbianas, gais, bisexuales, trans e intersex), coordinadas pola asociación PonteVisible, nas que colabora o Concello de Pontevedra.

Este xoves as 18:00 horas na Praza de Ourense inaugúraronse as xornadas e a exposición ⿿Divers@S e visibles⿝ que contén unha mostra de arte, actualidade, testemuñas, educación, lexislación relacionados coa diversidade sexual.

Na parte de obras artísticas, comisariada por Daniel Diéguez, participan: Alba Blanco, Alba Fernández Troiteiro/Xandre Outeiro, Alfredo Roagui, Andrés Barcala, Andrés Laxeira, Ánxela López Pulpeiro/Fran Bueno, Carolina Toscano, Daniel Diéguez, Diego de los Reyes, Fernando Bayona, Héctor Barros, Kiko Alcázar, Kiko da Silva, Lilian Valverde, Manu Lago, Mario Monforte e Nickie Charles.

O seu contido divídese en tres temáticas: unha convocatoria artística sobre temática LGTB; un apartado dirixido á actualidade legal despois da aprobación polo Parlamento galego da Lei de Visibilidade e non Discriminación; e un capítulo relativo á educación infantil, con materiais de OQO editora.

As técnicas empregadas son principalmente fotografía e ilustración, aínda que tamén pode encontrase pintura e ata unha performance de parte de Alba Fernández Troiteiro e Xandre Outeiro, que tivo lugar tras a presentación oficial das xornadas.

Este é o pistoletazo de saída do "Boavila Pride",  que conten tamén unha parte lúdica o outra máis socioeducativa.

RESUMO DO PROGRAMA

Do programa destaca a festa ⿿Que trabaje Rita⿝ na Sala Carabás as 00:00 horas o venres 20. Con 12 artistas, entre elas ⿿Terremoto de Alcorcón⿝, cinco DJs e todas as vedettes dun show que se creou hai un ano e ten un enorme éxito en todas as suas edicións.

O sábado estará cheo de actividades, entre elas unha festa en goleta pola ría ⿿The Love Boat⿝ de cinco horas con DJ, degustación de comida e bebida, saíndo as 14:00 horas do porto de Marín.

O sábado pola noite (23:00 h) haberá un drag show de parte das ⿿Fellini⿝ e as ⿿Supremas⿝ xuntas pero non revoltas na praza do Teucro, onde haberá tamén unha barra de coctelería e unha mesa informativa sobre enfermidades de transmisión sexual de mán de Ccanvihar, coa posibilidade de facer a proba rápida do VIH. Ás 01:00 horas continuará a festa con BoaBear (encontro entre osos e cazadores) na Sala Karma e Lesboa (Lesbic parti/Let⿿s party) no Fifty.

O domingo será a quenda do BoaPicnic (sesión vermú e xantar con DJ JC no Campiño de Santa María).

Como parte das xornadas, coa colaboración dos hosteleiros hai Gastroboa e Gastroponte (tapas e menús en diferentes establecementos para degustar a gastronomía local). E tamén BoaCopas (copas a 3⿿5 euros nos establecementos colaboradores coa pulsera que regalan coa compra do ticket para calquera actividade).