Xa se pode pedir cita para vacinarse a través de WhatsApp

Pontevedra
23 de setembro 2021

As persoas que queiran utilizar este sistema para pedir cita para a vacinación contra a Coivid-19, teñen que enviar unha mensaxe de WhatsApp ao número 981 215930.

Unha persoa cun teléfono móvil
Unha persoa cun teléfono móvil / Mónica Patxot

"Desde hoxe mesmo será posible pedir cita para a vacinación por WhatsApp". Así o anunciou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa tras o Consello da Xunta.

As persoas que queiran utilizar este sistema para pedir cita para a vacinación contra a Coivid-19, teñen que enviar unha mensaxe de WhatsApp ao número 981 215930.

O 91,5% dos galegos de 12 anos en diante teñen a pauta completa e o 93,5%, polo menos unha dose. 

Segundo sinalou Feijóo, habilitouse esta fórmula a través do WhatsApp para "facilitar" a inoculación de antídotos contra o coronavirus, buscando a "complicidade" dos galegos que aínda son remisos a poñerse a vacina, "sabendo que non imos obter o cen por cen" pero tentando chegar " á maior porcentaxe posible".

O proceso de vacinación deixa este mes os recintos masivos para entrar nunha " nova fase", nos centros de saúde.