Xa se poden reservar espazos para Stock Pontevedra, que chegará ao recinto feiral do 7 ao 9 de febreiro

Pontevedra
10 de xaneiro 2020

Un dos requisitos que deben cumprir os comerciantes que queiran participar é que os produtos que se poñan á venda sexan propios do establecemento e os teñan a un prezo ou nunhas condicións máis vantaxosas para os consumidores. Queda a elección do propietario a porcentaxe de desconto ou oferta que aplica

Feira Stock Pontevedra no Recinto Ferial
Feira Stock Pontevedra no Recinto Ferial / Diego Torrado

O Centro Comercial Urbano Zona Monumental abriu o prazo de inscrición e reserva de casetas para participar na XVII edición da feira de oportunidades Stock Pontevedra, que se celebrará os próximos días 7, 8 e 9 de febreiro. 

Un dos requisitos que deben cumprir os comerciantes que queiran participar é que os produtos que se poñan á venda sexan propios do establecemento e os teñan a un prezo ou nunhas condicións máis vantaxosas para os consumidores. Queda a elección do propietario a porcentaxe de desconto ou oferta que aplica. 

O evento está concibido para os pequenos comercios que cumpran, ademais, os requisitos de estar dado de alta no Imposto de Actividades Económicas nalgún dos epígrafes comprendidos no sector de comercio e no censo de actividades económicas dentro do epígrafe de venda polo miúdo; e ter establecemento aberto ao público

Todo comerciante que desexe participar ou recibir máis información pode solicitala na oficina do CCU Zona Monumental na rúa Sierra, no teléfono 685896569 ou a través do correo electrónico [email protected].

Os asociados de Zona Monumental e AEMPE teñen un 25% de desconto.

O recinto feiral de Pontevedra converterase nun gran centro comercial con 4.500 metros cadrados de exposición durante a celebración de Stock Pontevedra, a única feira que se realiza en Pontevedra para que todos os comerciantes poidan liquidar  stocks das últimas campañas ou se o seu establecemento non lle permite levar a cabo unha campaña de rebaixas, como a das grandes superficies comerciais.