Xesta recupera o Casino ao renunciar a Igrexa á súa propiedade

A Lama
22 de setembro 2016

A Asociación de Veciños de San Bartolomé de Xesta comunicou que o Arcebispado de Santiago de Compostela renunciou á propiedade do Casino dos Prados a través dun Certificado exposto ao seu presidente Enrique Vaqueiro Costal

Casino dos Prados
Casino dos Prados / Asociación de vecinos de Xesta

A Asociación de Veciños de San Bartolomé de Xesta comunicou que o Arcebispado de Santiago de Compostela renunciou á propiedade do Casino dos Prados a través dun certificado exposto ao seu presidente Enrique Vaqueiro Costal.

Desde esta asociación transmitiron o seu agradecemento ao avogado Calixto Escariz polo seu asesoramento, ao Vicario Xeral de Santiago de Compostela pola súa atención e aos veciños de Xesta polo apoio maioritario para solucionar o problema.

Despois deste paso por parte do Arcebispado a Asociación veciñal de Xesta ponse a disposición dos veciños de Antas para apoiarlles na súa reivindicación para recuperar a Carballeira das Ermidas.

Ademais tómanlle a palabra do alcalde sobre o pago dos gastos de rexistro do casino dos herdeiros das leiras.

Enrique Vaqueiro apuntou que "o último paso será pescudar quen é o culpable deste dano parroquial e esixirlle responsabilidades".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora