Ata 19 patrullas diferentes das policías Local e Nacional e dos servizos de bombeiros estiveron activos durante a noite en Pontevedra para atender aos cidadáns das consecuencias derivadas do apagamento masivo e garantir a seguridade cidadá.
Atenderon as necesidades dos centros sanitarios e das residencias de maiores e, ante a falta de comunicación posible da maioría da cidadanía, percorreron a cidade e as parroquias coas luces acesas como reclamo, "para que se alguén necesitaba algo, se achegara a eles".
Así o deu a coñecer este martes o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que compareceu acompañado pola concelleira de Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde, para facer balande do apagamento masivo e de como se viviu en Pontevedra.
O alcalde sinalou que, pola información que manexa a Concello, todo o municipio recuperou de xeito "paulatino" a subministración eléctrica durante a noite e a situación de emerxencia "desapareceu, obviamente".
Teñen constancia de que pouco despois das dez da noite xa había nas parroquias de Lérez ou Cerponzóns e a partir da unha da madrugada "practicamente en todos os sitios".
Lores quixo reflexionar sobre a "dependencia grande do sistema eléctrico" que ten toda a cidadanía, pois, cando falla, empezan a fallar o resto de sistemas, xérase unha incomunicación e o resultado é unha "situación de emerxencia grave" da que é preciso aprender.
Como lección, Lores fala, por exemplo, de "aumentar os xeradores" e tamén as subministracións de gasóleo para alimentalos.
Tamén abordou a actuación municipal ante a emerxencia. "Desde o primeiro momento" activaron un operativo que "funcionou".
Durante as primeiras horas, os bombeiros foron o servizo que máis traballo tivo. Actuaron, por exemplo, en nove rescates de persoas atrapadas en ascensores, maioritariamente en edificios públicos.
Tamén rescataron no colexio Calasancio unha profesora cun grupo de alumnos e alumnas atrapados nun ascensor e foron para o mesmo servizo ata a Comandancia da Garda Civil.
Os bombeiros tamén sufocaron un incendio iniciado no xerador instalado no Parador de Turismo.
Efectivos de Protección Civil actuaron cos bombeiros para axudar a persoas con certo grao de discapacidade e outras que están en cadeira de rodas para poder subir aos seus edificios e prestaron ese mesmo servizo na residencia Soremai.
A partir das 5 da tarde, celebrouse unha reunión de coordinación entre o Concello e a Subdelegación do Goberno na que se adoptaron decisións para "actuacións preventivas" sobre a seguridade cidadá e estableceuse a coordinación entre servizos e policías que levou a que durante a noite 19 patrullas percorreran o municipio.
Na mañá deste martes, Lores confirma que se recuperou a normalidade en case todos os servizos municipais agás a conexión a internet e algúns teléfonos.
Segundo explicou, durante a emerxencia "o servizo que mellor funcionou foi o de abastecimento" de auga, que "sempre estivo garantido", pois hai depósitos de altura que permiten o abastecemento sen necesidade de bombeo e contan tamén con placas solares para apoiar o traballo e potabilizar auga.
"Tiñamos abastecemento para máis de 24 horas", asegura Lores, e así foi como puido darse servizo ao Hospital Montecelo e a outras infraestruturas críticas.

Así se viviu o apagón eléctrico durante a noite do luns 28 de abril

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.